Monday 29 de April de 2024

Mila Castro reclámalle á alcaldesa medidas para a prevención De asolagamentos: “hai zonas críticas que adoitan rexistrar incidencias, pero o que vimos onte vai máis aló”


A edil socialista recoñece o traballo de bombeiros, Protección Civil, Policía Local e das empresas concesionarias dos servizos municipais nunha noite complicada
Rexeita a xustificación da choiva rexistrada recordando que “no pasado inverno supéranse os 47 litros por metro cadrado” sen un “aluvión de incidencias” como o deste mércores

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023. As choivas fixeron que este mércores houbese un aluvión de incidencias froito dos asolagamentos que tiveron lugar por diversos puntos da cidade: en San Clemente, na rúa Frei Rosendo Salvado ou na propia Praza Roxa. Ante isto o grupo socialista reclámalle á alcaldesa medidas preventivas ante unha situación que, aseguran, foi “máis aló” das inundacións habituais “en zonas críticas pola propia orografía da cidade”.

Precisamente por iso, a concelleira Mila Castro insiste en que é necesario reforzar a atención para a eliminación das follas de árbores acumuladas, a limpeza dos sumidoiros e mellorar as canalizacións. Recorda que no pasado inverno “Houbo días nos que se superaron os 47 litros por metro cadrado e, fóra deses puntos conflitivos, non tiveron lugar, nin moito menos, os asolagamentos que vivimos onte”.

Castro que quixo recoñecer ademais o traballo feito polos equipos de seguridade, bombeiros, Protección Civil, Policía Local e as empresas concesionarias dos servizos municipais nunha noite “moi complicada” e, ante a que reclama, “que se poñan en marcha as medidas necesarias para que non volva a ocorrer.